martes, 28 de mayo de 2024

SAN MIGUEL. CHARLA CON ANDREA MACEIRAS

Ler é unha das habilidades máis valiosas que podemos desenvolver, non só pola súa importancia práctica na vida diaria, senón tamén pola súa capacidade para abrir portas a novos mundos, ideas e perspectivas. A lectura non só enriquece o noso coñecemento, senón que tamén nutre a nosa imaxinación, mellora a nosa empatía e fortalece as nosas habilidades comunicativas.

Este ano tivemos o prazer de contar coa presencia de Andrea Maceiras que nos visitou para dar unha charla sobre "Animación á lectura e creación literaria". Un dos seus libros forma parte do Plan lector e os nosos alumnos de 2º curso de Grao Básico do Colexio San Miguel  aproveitaron a ocasión para que a escritora lles asinase os exemplares.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes.




jueves, 22 de febrero de 2024

SAN MIGUEL. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Os alumnos e alumnas de Grao Básico e Grao Medio do colexio San Miguel recitaron dous fermosos poemas de Rosalía de Castro e fixeron unhas presentacións para conmemorar o 187º aniversario do seu nacemento. Aquí vos deixamos esta homenaxe  á escritora compostelá, “un referente non so da literatura, senón tamén do feminismo, polo seu compromiso polas causas sociais a través dos seus poemas e novelas”.

MICHELLE TRONCOSO 2º GM XESTIÓN ADMINISTRATIVA 

REBECA MARTÍNEZ 2º GM XESTIÓN ADMINISTRATIVA 

ARANTXA NOVOA 2º GM XESTIÓN ADMINISTRATIVA

IAGO VILAS 2º GM XESTIÓN ADMINISTRATIVA

XOEL MARTÍNEZ 1º GB ADMINISTRATIVO

SANTIAGO FERNÁNDEZ 1º GB ADMINISTRATIVO


SAN MIGUEL. A NOSA LITERATURA. "O QUE SEI DO SILENCIO"

As alumnas do 2º curso de Grao Básico de Comercio do colexio San Miguel 1 fixeron unha vídeo reseña do libro "O que sei do silencio" escrito por Andrea Maceiras.

Nesta obra a autora preséntanos unha historia inspirada libremente nun suceso real,e afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.

Aquí tedes unha mostra do seu traballo. 

LAURA SANLES 2º Grao Básico de Comercio
LAURA SANLES 2º Grao Básico de Comercio
CANDELA LÓPEZ 2º Grao Básico de Comercio
SOFÍA ORTEGA 2º Grao Básico de Comercio

miércoles, 28 de junio de 2023

SAN MIGUEL. III XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

Despois do parón provocado pola COVID 19 , retomamos de novo a celebración desta festa dos xogos tradicionais. Nunha xornada lúdica e ao mesmo tempo educativa e dinamizadora da lingua xogamos á mariola, ao brilé, o tiro da corda, o pano, aos bolos e a moitos xogos máis que actúan como elementos que aportan un importante valor socio-cultural e de convivencia entre os membros da comunidade educativa. 

TRES EN RAIA

OS ZANCOS

OS BOLOS  

O TIRO DA CORDA 

O TIRO DA CORDA

O PANO 

A MARIOLA

A MARIOLA 

jueves, 1 de junio de 2023

SAN MIGUEL. MAPA INTERACTIVO DE VIGO

Os alumnos de 1º curso de Grao Básico do colexio san Miguel 1 realizaron uns mapas interactivos da cidade de Vigo con diferentes rutas turísticas usando Google My Maps, unha  plataforma web para crear mapas personalizados.
Aquí podedes ver unha mostra do seu traballo. 

Ainhoa Faro (1ª GB Servizos administrativos)

Xian Comesaña (1ª GB Electrónica)

martes, 9 de mayo de 2023

SAN MIGUEL. COÑECENDO A NOSA CIDADE. A HISTORIA DE CITROËN

Continuamos co proxecto "Coñecer a nosa cidade". Este ano o obxectivo é coñecer a historia de Citroën desde a colocación nun solar da Zona Franca da primeira pedra da futura fábrica de PSA aló polo ano 1958 ata a actualidade convertida xa nun referente na produción de automóbiles.

Os alumnos de 2º curso de  Grao Básico do colexio San Miguel 1 levaron a cabo un traballo de investigación que plasmaron nunhas  estupendas presentacións das que vos deixamos algunha mostra.  

DANIEL FRANCO

MENGTING CHEN

YANDERI GISSELLE

GUILHERME FERREIRA

JIMENA FERNÁNDEZ