viernes, 26 de junio de 2026

EL CASTRO. DÍA DA POESÍA

 

O alumnado de Educación Primaria do Colexio El Castro participou nun recital de poesía no que se leron textos escritos polos propios nenos e nenas, xunto con poemas de autores e autoras destacados da literatura galega, como Rosalía de Castro ou Antonio García Teijeiro.

Un ano máis, a lectura dos poemas estivo acompañada pola música en directo ao piano, interpretada por alumnado do centro. Como peche do festival, o alumnado de sexto de Educación Primaria cantou Voltarei, de Hard GZ.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.