viernes, 26 de junio de 2026

EL CASTRO. AUDIOCONTO

 


Os alumnos do Colexio El Castro realizaron un audioconto A viaxe das estrelas en primeiro da ESO na materia de Proxecto competencial.

Todos os alumnos crearon tres relatos en galego e traballaron a descrición, os relatos con ensinanza…

Por equipos traballaron distintas partes da produción (redacción, ilustración, edición de audio e creación de sons, locución e gravación das voces no estudio).

O resultado foi magnífico.

EL CASTRO. DÍA DA POESÍA

 

o Día Mundial da Poesía celébrase cada ano o 21 de marzo. Esta data foi establecidad pola UNESCO en 1999 co propósito de promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, ademais de fomentar a diversidade lingüística.

O alumnado de Ed. Secundaria do Colexio El Castro realizou unha combinación de poesía e fotografía presentando uns fotopoemas.

Bochilonga e Un pequeno soño de metal

Lonxe do mar

EL CASTRO. O TEMPO METEOROLÓXICO EN GALICIA


O alumnado de 2º ESO do Colexio El Castro preparou unha presentación sobre o tempo meteorolóxico en Galicia, vocabulario, xeografía... foron conceptos manexados por eles para o seu traballo

O tempo en Lugo

EL CASTRO. AS MULLERES DAS NOSAS VIDAS. RECEITAS

 

O alumnado de 1º de ESO do Colexio El Castro escribiu algunhas receitas típicas das mulleres que teñen marcado as nosas vidas, nais e avoas. 

Velaquí unha pequena mostra

Tarta da avoa

Tortilla de pataca

EL CASTRO. SEMANA DA MÚSICA

 


Durante a Semana da Música no Colexio El Castro realizouse A Ruta do Son, unha xincana con estacións con instrucións e pistas en galego. O alumnado participou en diferentes retos, por exemplo, unha actividade específica sobre os distintos traxes rexionais galegos.

EL CASTRO. RADIO ESCOLAR

 

Este curso foi o primeiro ano do novo proxecto de radio escolar do centro, polo que a programación inicial foise concretando pouco a pouco ao longo do curso.

Finalmente, participaron alumnado de Infantil, Primaria e ESO en distintas propostas en lingua galega: lecturas gravadas, postais sonoras, podcasts e audiocontos. 

En 6.º de Primaria, por exemplo, elaboráronse postais sonoras a partir de textos escritos polo propio alumnado. 

Na ESO realizouse tamén un podcast e un audioconto dirixido ao alumnado de Infantil.

As gravacións difundíronse a través das canles do centro, contribuíndo a dar máis presenza á lingua galega na vida escolar.

EL CASTRO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

Con motivo do Día das Letras Galegas, o alumnado do Colexio El Castro traballou unha ficha divulgativa sobre Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano. A actividade permitiu coñecer algúns datos da súa vida, da súa obra e da súa importancia dentro da literatura galega contemporánea.

A través desta proposta, o alumnado achegouse á figura da autora dun xeito visual e accesible, ao tempo que reflexionou sobre o valor da lingua galega, da nosa cultura e da importancia de manter vivas as palabras.