martes, 28 de mayo de 2024

CHARLA CON ANDREA MACEIRAS

Ler é unha das habilidades máis valiosas que podemos desenvolver, non só pola súa importancia práctica na vida diaria, senón tamén pola súa capacidade para abrir portas a novos mundos, ideas e perspectivas. A lectura non só enriquece o noso coñecemento, senón que tamén nutre a nosa imaxinación, mellora a nosa empatía e fortalece as nosas habilidades comunicativas.

Este ano tivemos o prazer de contar coa presencia de Andrea Maceiras que nos visitou para dar unha charla sobre "Animación á lectura e creación literaria". Un dos seus libros forma parte do Plan lector e os nosos alumnos de 2º curso de Grao Básico do Colexio San Miguel  aproveitaron a ocasión para que a escritora lles asinase os exemplares.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes.