martes, 25 de junio de 2019

Conta o que sabes. Ed. Primaria San Miguel 2


Unha das seccións que máis nos gusta das nosas clases é a titulada "Conta o que sabes". No CPR Plurilingüe San Miguel 2 recibimos a visita da avoa Loli quen nos fixo partícipes dun día que non esqueceremos nunca, cativos e maiores. Mostrounos a súa cartilla de escolaridade, contounos experiencias da escola, da vida cotiá na súa casa familiar, interpretou algunha cantiga popular e ata fixo que os nosos nenos e nenas de Ed. Primaria cantasen o Himno Galego. Gracias Loli por este día.
Nós quixemos contribuír con un detalle para ela. Os nosos alumnos do Bacharelato de Artes: Samuel e Minerva fixéronlle un retrato mentres ela falaba para todos/as.

Lectómetro. Ed. Primaria San Miguel 2

Os alumnos e alumnas de Ed. Primaria do CPR Plurilingüe San Miguel 2 son ávidos lectores/as e fachendosos, mostran os seus libros preferidos a toda a comunidade educativa.






jueves, 20 de junio de 2019

XOGANDO AO "TI NON ES DE AQUÍ"

Este ano pasámolo moi ben co xogo "Ti non es de aquí", un xogo de mesa cultural - educativo en formato tradicional con preguntas sobre aspectos culturais de Galicia.




viernes, 14 de junio de 2019

II XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

Por segundo ano consecutivo, nunha xornada lúdica e ao mesmo tempo educativa e dinamizadora da lingua xogamos á mariola, ao brilé, o tiro da corda, o pano, aos bolos e a moitos xogos máis que actúan como elementos que aportan un importante valor socio-cultural e de convivencia entre os membros da comunidade educativa. 






TEATRO NA ESCOLA

Os alumnos do Ciclo Medio de Enfermaría do colexio San Miguel representaron as obras 
Á gata Manola dóelle unha moa” e “O traballo do ratonciño Pérez” para os nenos de Educación infantil dos colexios El Castro e San Miguel 2.






lunes, 6 de mayo de 2019

CONVERSAS COS AVÓS

O pasado 3 de maio, e para conmemorar día do libro, na Residencia As Angélicas de Vigo levouse a cabo unha bonita actividade xunto cos nosos alumnos de 2º de FPB do Colexio San Miguel I.
A actividade consistía nun concurso de cartas literarias coa temática “Os meus soños”. Como premio entregóuselles un libro aos gañadores.
Todos eles gozaron moito compartindo as súas experiencias, desexos e aspiracións nestas dúas etapas da vida.
Os máis novos ilusionaron ás persoas maiores cos seus proxectos e desexos de futuro e estas animaron aos mozos e mozas a perseguir os seus soños, sexan cales sexan, como elas o fixeron no seu momento.
E é que houbo un pouco de todo! Desde viaxes a África, á paixón pola música, o baile e a pintura ou o empeño por conseguir uns estudos que lles permitisen adicarse ao que máis lles gustou…
Ao finalizar, despedíronse de forma entrañable e se en algo estiveron todos de acordo é nas ganas de repetir outra mañá como esta.



MULLERES PIONEIRAS

Mariluz Morales, a primeira directora dun xornal; Isabel Barreto, a primeira almiranta da historia que se coñece de todo Occidente; Isabel Zendal, a enfermeira da expedición Balmis que tivo como encargo vacinar contra a varíola ás poboacións das colonias en América e Filipinas ou Exeria, a primeira escritora da Hispania romana. Estes nomes e moitos máis son descoñocidos para case todos nós pero son nomes de mulleres que se enfrontaron a moitas barreiras e abriron camiño.
Os alumnos e alumnas do colexio San Miguel I quixemos facerlles unha homenaxe a todas  elas e ao mesmo tempo reflexionar sobre a falta de referentes femininos.










jueves, 28 de febrero de 2019

CONTACONTOS EN GALEGO

Os alumnos de 1º e 2º curso de primaria do colexio San Miguel 2 asistiron a unha sesión de contacontos por parte dos alumnos de 2º curso da FP Básica. O obxectivo desta actividade é fomentar nos cativos o gusto pola lectura.