lunes, 18 de mayo de 2020

ESQUECIDA VIVÍA DO MEU CORPO. UN CABELO DE ANXO

Os alumnos e alumnas do colexio San miguel recitaron dous fermosos poemas de Ricardo Carvalho Calero para conmemorar o Día das Letras Galegas. Aquí vos deixamos esta homenaxe  ao escritor ferrolán , “unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX que desenvolveu unha traxectoria vital hondamente vinculada á historia do galeguismo”.

martes, 5 de mayo de 2020

UNHA PALABRA PARA CADA GALEGO. COLEXIO SAN MIGUEL.

Con motivo da semana das Letras Galegas invitámosvos a participar nun bonito proxecto. Elixide unha palabra ou frase e mandade a vosa elección xunto cunha fotografía que a ilustre. Con todo o material recibido faremos unha bonita montaxe.
Data tope de recollida o día 8 venres as 14:00 horas.
Animádevos.

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS. COLEXIO SAN MIGUEL.

Outra actividade que vos propoñemos é o recitado dun poema de Ricardo Carvalho Calero. 
Aquí vos deixamos dous poemas para que que coñezades un pouco máis a súa produción literaria e se alguén se anima gustaríanos que vos gravasedes recitando un deles. Animádevos. Tedes as instrucións a continuación.

lunes, 4 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. UNHA VIAXE POLA VIDA DE RICARDO CARVALHO CALERO. COLEXIO SAN MIGUEL.


Este ano o Día das Letras galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 do seu falecemento.

O escritor ferrolán  é “unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX que desenvolveu unha traxectoria vital hondamente vinculada á historia do galeguismo”.

No centro realizaremos unha serie de actividades para homenaxealo e unha delas é a que vos presentamos a continuación. 
Trátase dun xogo interactivo no que vos presentamos un panel informativo sobre a vida e a traxectoria literaria do autor. Tedes que lelo e despois xa podedes xogar para saber se acertades as preguntas e descubrides a imaxe oculta.
Para visualizar ben o panel preme no seguinte enlace: 
https://drive.google.com/file/d/1HxKNVHC095cl2Sc1tdgjrqkVzPay7Uj4/view?usp=sharing


Para xogar, preme no seguinte enlace: