jueves, 22 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Os alumnos e alumnas do colexio San Miguel 1 recitaron dous fermosos poemas de Rosalía de Castro e fixeron unhas presentacións para conmemorar o 187º aniversario do seu nacemento. Aquí vos deixamos esta homenaxe  á escritora compostelá, “un referente non so da literatura, senón tamén do feminismo, polo seu compromiso polas causas sociais a través dos seus poemas e novelas”.

MICHELLE TRONCOSO 2º GM XESTIÓN ADMINISTRATIVA 

REBECA MARTÍNEZ 2º GM XESTIÓN ADMINISTRATIVA 

ARANTXA NOVOA 2º GM XESTIÓN ADMINISTRATIVA

IAGO VILAS 2º GM XESTIÓN ADMINISTRATIVA

XOEL MARTÍNEZ 1º GB ADMINISTRATIVO

SANTIAGO FERNÁNDEZ 1º GB ADMINISTRATIVO


A NOSA LITERATURA. "O QUE SEI DO SILENCIO"

As alumnas do 2º curso de Grao Básico de Comercio do colexio San Miguel 1 fixeron unha vídeo reseña do libro "O que sei do silencio" escrito por Andrea Maceiras.

Nesta obra a autora preséntanos unha historia inspirada libremente nun suceso real,e afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.

Aquí tedes unha mostra do seu traballo. 

LAURA SANLES2º Grao Básico de Comercio
SOFÍA ORTEGA 2º Grao Básico de Comercio
CANDELA LÓPEZ 2º Grao Básico de Comercio