lunes, 17 de junio de 2024

IV XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

Un ano máis non podemos faltar á nosa cita coa celebración desta festa dos xogos tradicionais. Este ano aos clásicos como a tiro da corda, o pano ou o brilé incorporamos novos xogos que tiveron moito éxito entre os participantes: a pita cega e as cadeiras. Todos eles actúan como elementos que aportan un importante valor socio-cultural e de convivencia entre os membros da comunidade educativa. 



















martes, 4 de junio de 2024

ANDAINAS POLO CAMIÑO DE SANTIAGO


Continuamos co proxecto "Coñecer a nosa cidade" cuxo obxectivo é coñecer a nosa cidade: a súa orixe e evolución, os seus barrios, os principais sectores económicos, etc. Este ano centrámonos no tramo do Camiño de Santiago que percorre a cidade. Os alumnos de 1º curso de Grao Básico de Administrativo do Colexio San Miguel realizaron un mapa interactivo cos diferentes tramos do Camiño portugués pola costa desde A Guarda ata Santiago de Compostela. Usaron a plataforma web Google My Maps para crear mapas personalizados.

ARIADNE BENITEZ ETAPA 1: A GUARDA - OIA

DAVID DOMÍNGUEZ ETAPA 2: OIA - BAIONA

SANTIAGO FRENÁNDEZ ETAPA 3: BAIONA - CORUXO

MATEO GIL ETAPA 4: CORUXO- VIGO

XOEL MARTÍNEZ ETAPA 5: VIGO - REDONDELA

NAOMI MERA ETAPA 6: REDONDELA - PONTEVEDRA

MIGUEL ÁNGEL PUIME ETAPA 7: PONTEVEDRA - CALDAS DE REIS

MARIO RODRÍGUEZ ETAPA 8: CALDAS DE REIS - PADRÓN

TELMA POSE ETAPA 9: PADRÓN - SANTIAGO DE COMPOSTELA

SABES QUEN É?

Nesta actividade o alumnado de 1º curso de Grao Básico de Comercio do Colexio San Miguel procurou na rede información sobre personaxes relevantes galegos e fixo un flipbook cos seus retratos.

Aquí tedes unha mostra do seu traballo.

FLIPBOOK GALEGOS ILUSTRES