jueves, 22 de febrero de 2024

A NOSA LITERATURA. "O QUE SEI DO SILENCIO"

As alumnas do 2º curso de Grao Básico de Comercio do colexio San Miguel 1 fixeron unha vídeo reseña do libro "O que sei do silencio" escrito por Andrea Maceiras.

Nesta obra a autora preséntanos unha historia inspirada libremente nun suceso real,e afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.

Aquí tedes unha mostra do seu traballo. 

LAURA SANLES2º Grao Básico de Comercio
SOFÍA ORTEGA 2º Grao Básico de Comercio
CANDELA LÓPEZ 2º Grao Básico de Comercio

No hay comentarios:

Publicar un comentario