Ler é unha das habilidades máis valiosas que podemos desenvolver, non só pola súa importancia práctica na vida diaria, senón tamén pola súa capacidade para abrir portas a novos mundos, ideas e perspectivas. A lectura non só enriquece o noso coñecemento, senón que tamén nutre a nosa imaxinación, mellora a nosa empatía e fortalece as nosas habilidades comunicativas.
Este ano tivemos o prazer de contar coa presencia de Andrea Maceiras que nos visitou para dar unha charla sobre "Animación á lectura e creación literaria". Un dos seus libros forma parte do Plan lector e os nosos alumnos de 2º curso de Grao Básico do Colexio San Miguel aproveitaron a ocasión para que a escritora lles asinase os exemplares.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario