No CPR Plurilingüe El Castro celebrouse a 5.ª edición do concurso «Eu, galego. E ti?», unha actividade xa consolidada no centro. O alumnado de 5.º de Educación Primaria elaborou debuxos nos que representou o seu vínculo coa lingua galega. Posteriormente, o alumnado de 1.º de ESO exerceu como xurado e escolleu o deseño gañador. A persoa premiada recibiu unha camiseta co seu debuxo estampado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.