Os alumnos de 1º curso de Grao Básico do colexio san Miguel 1 realizaron un Pasapalabra virtual en colaboración co departamento de Sociedade revisando contidos da Idade Antiga.
José Cortés (1º GB Electrónica)
Os alumnos de 1º curso de Grao Básico do colexio san Miguel 1 realizaron un Pasapalabra virtual en colaboración co departamento de Sociedade revisando contidos da Idade Antiga.
José Cortés (1º GB Electrónica)
Continuamos co proxecto "Coñecer a nosa cidade". Este ano o obxectivo é coñecer a historia de Citroën desde a colocación nun solar da Zona Franca da primeira pedra da futura fábrica de PSA aló polo ano 1958 ata a actualidade convertida xa nun referente na produción de automóbiles.
Os alumnos de 2º curso de Grao Básico do colexio San Miguel 1 levaron a cabo un traballo de investigación que plasmaron nunhas estupendas presentacións das que vos deixamos algunha mostra.
As alumnas do 2º curso de FPB do colexio San Miguel 1 fixeron unha vídeo reseña do libro "Cando petan na porta pola noitae" escrito por Xabier P. Docampo.
Aquí tedes unha mostra do seu traballo.
Este ano para celebrar o Día das Letras Galegas os alumnos do 1º curso de Formación Profesional Básica de Servizos Comerciais realizaron un eixe cronolóxico sobre a biografía de Florencio Delgado Gurriarán.
https://drive.google.com/file/d/1MShPFRiKaxLco0BV57sVM4qCTieW2VR8/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1afOWsVNX9pTg5sVh672jWfXdJq7E_PXC/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1M0mM03LOs5quK7ZjRvrY2T660rgRLGA2/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1i8ERmW0lh_4DkukBTrbmHkdz1Yj-pyfa/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1peoqNT9kRZeh6ObB-_uah74G03cUiEq2/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1ZvCRMALOlr9bfG_TawPwLPjKFUtvPl-z/view?usp=sharing
O obxectivo deste proxecto é coñecer a nosa cidade: a súa orixe e evolución, os seus barrios, os principais sectores económicos, etc. Este ano centrarémonos na industria conserveira. O primeiro gran empurrón na nosa historia industrial debémosllo aos empresarios cataláns que puxeron en marcha no século XIX a potente industria conserveira en Vigo.
Os alumnos do 1º curso de Formación Profesional Básica de Servizos Administrativos do colexio San Miguel 1 elaboraron unhas presentacións moi divulgativas e enriquecedoras. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Os alumnos do colexio San Miguel 1 queren promocionar e fomentar o turismo na nosa localidade e para convencer aos turistas de que coñezan a nosa fermosa cidade elaboraron un folletos turísticos que de seguro os animarán a visitala.
Aquí podedes ver unha pequena mostra dos seus traballos.
Os alumnos de 1º curso de Servizos Administrativos de FP básica do colexio San Miguel 1 levaron a cabo unha recompilación de palabras, frases, ditos e refráns galegos populares explicando o seu significado e a súa orixe. Se pinchades no enlace, podedes ver unha pequena mostra do seu traballo.