viernes, 26 de junio de 2026

EL CASTRO. "EU GALEGO, E TI?"

 

No CPR Plurilingüe El Castro celebrouse a 5.ª edición do concurso «Eu, galego. E ti?», unha actividade xa consolidada no centro. O alumnado de 5.º de Educación Primaria elaborou debuxos nos que representou o seu vínculo coa lingua galega. Posteriormente, o alumnado de 1.º de ESO exerceu como xurado e escolleu o deseño gañador. A persoa premiada recibiu unha camiseta co seu debuxo estampado.



SAN MIGUEL 2. FPB GALICIA


O alumnado de FPB de 1º de Oficina, do Colexio San Miguel realizou traballos de investigación sobre diferentes lugares de Galicia para coñecer a súa localización, xeografía, tradicións...

Lalín

Santiago de Compostela

SAN MIGUEL2. ESTILOS MUSICAIS

 



Os alumnos de 3º de ESO do Colexio San Miguel fixeron un cantos audios presentando distintos estilos musicais. Presentamos dúas mostras:

O Rock

O Reggae e o Jazz

SAN MIGUEL2. AUDIOCONTO


 

Audioconto 

O bosque sen cor ! realizado polos alumnos de 2º da ESO do Colexio San Miguel 2 na clase de Tecnoloxía.

jueves, 25 de junio de 2026

SAN MIGUEL 2. AS MULLERES DAS NOSAS VIDAS

 

En colaboración co departamento de Educación Plástica, creamos murais que finalizamos o 8 de marzo, Día da muller. Neste curso escolar o alumnado do Colexio San Miguel 2 de Ed. Primaria realizou un traballo de investigación sobre Profesoras pioneiras que modernizaron a educación en Galicia. O Día da Muller desfrutamos duns fermosos traballos que mostran o respecto e admiración que sentimos por todas elas, foi a nosa homenaxe particular. O traballo foi recollido nun documento visual e/ou audiovisual.

5º Ed. Primaria. As mulleres das nosas vidas. Profesoras pioneiras

SAN MIGUEL 2. AS MULLERES GALEGAS NA RADIO

 

O alumnado do Colexio San Miguel 2 realizou traballos de investigación sobre mulleres galegas destacadas no ámbito da radio (locutoras, produtoras, guionistas, técnicos de son…). Trasladaron os seus traballos a formatos visuais ou audiovisuais. O obxectivo foi fomentar o coñecemento das mulleres neste ámbito, favorecer a igualdade de xénero e fomentar as vocacións e o espírito innovador entre as nosas alumnas e alumnos.

3º ESO. Mulleres galegas na radio

SAN MIGUEL 2. GALICIA. DESCÚBREA

 




Os alumnos/as do Colexio San Miguel 2 de Ed. Primaria e de Ed. Secundaria prepararon folletos turísticos sobre algún pobo, vila ou cidade de Galicia O obxectivo foi coñecer mellor Galicia deste o punto de vista xeográfico, cultural, histórico e turístico identificando os principais atractivos turísticos (paisaxes, cidades, patrimonio, gastronomía e festas) e para valorar e respectar o patrimonio natural e cultural do noso país.

6º Ed. Primaria. Galicia. Descúbrea: Allariz

2º ESO. Galicia. Descúbrea. Folleto turístico Cangas

2º ESO. Galicia. Descúbrea. Folleto turístico. Baiona