jueves, 25 de junio de 2026

SAN MIGUEL 2. AS MULLERES GALEGAS NA RADIO

 

O alumnado do Colexio San Miguel 2 realizou traballos de investigación sobre mulleres galegas destacadas no ámbito da radio (locutoras, produtoras, guionistas, técnicos de son…). Trasladaron os seus traballos a formatos visuais ou audiovisuais. O obxectivo foi fomentar o coñecemento das mulleres neste ámbito, favorecer a igualdade de xénero e fomentar as vocacións e o espírito innovador entre as nosas alumnas e alumnos.

3º ESO. Mulleres galegas na radio

SAN MIGUEL 2. GALICIA. DESCÚBREA

 




Os alumnos/as do Colexio San Miguel 2 de Ed. Primaria e de Ed. Secundaria prepararon folletos turísticos sobre algún pobo, vila ou cidade de Galicia O obxectivo foi coñecer mellor Galicia deste o punto de vista xeográfico, cultural, histórico e turístico identificando os principais atractivos turísticos (paisaxes, cidades, patrimonio, gastronomía e festas) e para valorar e respectar o patrimonio natural e cultural do noso país.

6º Ed. Primaria. Galicia. Descúbrea: Allariz

2º ESO. Galicia. Descúbrea. Folleto turístico Cangas

2º ESO. Galicia. Descúbrea. Folleto turístico. Baiona

SAN MIGUEL 2. DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

 



Nesta data fíxose unha homenaxe aos libros e autores e serviu para alentar a todos/as e en particular aos nenos/as e mozos/as a descubrir o pracer da lectura en galego e a valorar as contribucións dos que impulsaron o progreso cultural, social, científico… da humanidade.

Os alumnos do Colexio San Miguel 2 de Ed. Primaria elaboraron murais e o alumnado da ESO realizaron nun “bookface”.

4º ESO Bookface: O inferno de Marta

4º ESO Bookface: Nubes de evolución

5º Ed. Primaria. Día do libro


SAN MIGUEL 2. DÍA MUNDIAL DA POESÍA

 



O 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística neste xénero. Buscamos fomentar o seu ensino, promover a tradición oral dos recitais poéticos e dar unha imaxe atractiva da poesía.

O alumnado do Colexio San Miguel 2 realizou unha actividade de produción poética escrita e oral, rexistrada de forma visual e audiovisual.

Neste curso unha actividade moi orixinal foi a creación de Fotopoemas.

4º ESO. Fotopoema: Raíces que esperan

4º ESO. Fotopoema: O muro da amizade unida


SAN MIGUEL 2. O ENTROIDO

 


Festa pagana da que se ten evidencia hai 5.000 anos no pobo sumerio. O que hoxe coñecemos e celebramos baixo o nome de entroido eran as Saturnais, festividade romana celebrada en honra do deus Saturno.

O alumnado do Colexio San Miguel 2 fixo traballos de investigación visual e/ou audiovisual sobre a tradición do Entroido: traxes típicos, costumes, gastronomía, máscaras…

5º Ed. Primaria. Entroido

SAN MIGUEL 2. PROXECTO CONTA O QUE SABES: A VENDIMA

 

Proxecto integrado no apartado: Oficios tradicionais. Os alumnos do Colexio San Miguel 2 coñeceron distintas experiencias sobre A vendima. Posteriormente trasladaron a información a un soporte visual e/ou audiovisual. É unha actividade onde a transmisión e a comunicación en lingua galega adquire un papel de vital importancia adquirindo vocabulario e coñecementos sobre os traballos de cultivo e colleita da vida, o respecto e coidado da natureza o proceso de cómo se produce o viño, etc.

1º Ed. Primaria. Conta o que sabes: A vendima

SAN MIGUEL 2. SAMAÍN

 

Festividade de orixe celta que se asocia ao ciclo anual do sol e forma parte do Patrimonio Inmaterial de Galicia e o Norte de Portugal. Celébrase na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro coincidindo cos magostos. Nela lémbranse tamén aos defuntos.

O alumnado de Ed. Primaria do Colexio San Miguel 2 e as súa familias colaborou na elaboración de traballos en formato físico e dixital sobre a historia, significado e celebración do Samaín. Este curso escolar ademais celebrouse a festividade no colexio facendo unha merenda con postres típicos feitos polos alumnos.

       4º Ed. Primaria. Samaín. Postre

       1º Ed. Primaria. Samaín. Murais

1º Ed. Primaria. Samaín. Murais 2