6º Ed. Primaria. Galicia. Descúbrea: Allariz
6º Ed. Primaria. Galicia. Descúbrea: Allariz
Os
alumnos do Colexio San Miguel 2 de Ed. Primaria elaboraron murais e o alumnado da ESO realizaron nun
“bookface”.
4º ESO Bookface: O inferno de Marta
4º ESO Bookface: Nubes de evolución
O 21 de marzo celebramos o Día Mundial
da Poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística neste xénero.
Buscamos fomentar o seu ensino, promover a tradición oral dos recitais poéticos
e dar unha imaxe atractiva da poesía.
O alumnado do Colexio San Miguel 2 realizou unha actividade de produción poética
escrita e oral, rexistrada de forma visual e audiovisual.
Neste curso unha actividade moi
orixinal foi a creación de Fotopoemas.
4º ESO. Fotopoema: Raíces que esperan
4º ESO. Fotopoema: O muro da amizade unida
Festa pagana da que se ten evidencia
hai 5.000 anos no pobo sumerio. O que hoxe coñecemos e celebramos baixo o nome
de entroido eran as Saturnais, festividade romana celebrada en honra do deus
Saturno.
O alumnado do Colexio San Miguel 2 fixo traballos de
investigación visual e/ou audiovisual sobre a tradición do Entroido: traxes
típicos, costumes, gastronomía, máscaras…
O alumnado de Ed. Primaria do Colexio San Miguel 2 e as súa
familias colaborou na elaboración de traballos en formato físico e dixital
sobre a historia, significado e celebración do Samaín. Este curso escolar
ademais celebrouse a festividade no colexio facendo unha merenda con postres
típicos feitos polos alumnos.
4º Ed. Primaria. Samaín. Postre