jueves, 11 de junio de 2026

ENLACES DE INTERESE

Secretaría Xeral de Política Lingüística 

Real Academia Galega

Portal das Palabras

Equipos de Dinamización Lingüística

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) é un órgano de participación e promoción lingüística que ten como finalidade fomentar o uso e a valoración da lingua galega en todos os ámbitos da comunidade educativa. O seu labor céntrase en impulsar actividades, proxectos e iniciativas que contribúan á normalización lingüística e ao fortalecemento da identidade cultural de Galicia.

Entre os seus obxectivos destacan promover o uso cotián do galego, sensibilizar sobre a importancia do patrimonio lingüístico e cultural galego e favorecer a participación activa do alumnado, do profesorado e das familias en accións de dinamización lingüística.

Para o desenvolvemento das súas funcións, o EDLG conta con recursos materiais, dixitais e humanos que permiten a organización de concursos, obradoiros, celebracións culturais e actividades de difusión. Así mesmo, ofrece asesoramento, materiais didácticos e apoio a toda a comunidade educativa para favorecer a presenza e o uso do galego na vida escolar e social.

Os seus integrantes son: 

Colexio San Miguel

Coordinador: D. Martín Valverde García

Dª Carlota Chao (Ámbito de Comunicación e Sociedade)

Colexio San Miguel 2

Coordinadora: Dª Clara Mª Seoane Rodríguez

Colexio El Castro

Coordinadora: Dª Clara Mª Seoane Rodríguez

Dª Carmen Fontenla Bouzas (Ed. Infantil)

Dª María Bermúdez Puga (Ed. Primaria)

Dª Iria Suárez Bouzó (Ed. Primaria)

D. Adán Barral Táboas (Ed. Primaria)

Dª Marta Rial Beiro (Ed. Primaria)

Dª Amaya López Núñez (Ed. Primaria)



miércoles, 20 de mayo de 2026

SAN MIGUEL. QUE SABES SOBRE A ORIXE E EVOLUCIÓN DA LINGUA GALEGA?

 




O estudantado do 1º curso de Grao Básico do colexio San Miguel elaborou unha liña do tempo na que se representa a evolución da lingua galega desde a súa orixe ata o século XIX. A través desta actividade, o alumnado analizou os principais momentos históricos, sociais e culturais que influiron no desenvolvemento, consolidación, decadencia e recuperación do galego como lingua propia de Galicia.

A historia social da lingua galega

A historia social da lingua galega

A historia social da lingua galega


 


SAN MIGUEL. EXPLORANDO OS NOSOS ANTEPASADOS

 




O alumnado do 1º curso de Grao Básico do colexio San Miguel elaborou unha presentación audiovisual na que se expón unha breve descrición e localización xeográfica e a importancia cultural e patrimonial do lugar.  Escolleron diferentes xacementos prehistóricos situados en Galicia (Dombate, Cova Eiras, Castro de Baroña) ou noutros lugares de España ou do mundo (Altamira, Stonehenge, Lascaux...).

 

A cova Eirós



SAN MIGUEL. LIÑAS DA VIDA. BEGOÑA CAAMAÑO

 


Este ano para celebrar o Día das Letras Galegas os alumnos do 1º curso de Grao Básico do colexio San Miguel realizaron un Kahoot sobre a narradora e periodista Begoña Caamaño, unha figura comprometida coa defensa da lingua, a cultura e os dereitos sociais: exposición de carteis, paseo literario polo seu legado. 


Kahoot 1. Letras Galegas 2026 - Begoña Caamaño

Kahoot 2. Letras Galegas 2026- Begoña Caamaño


SAN MIGUEL. MÚSICA E IDENTIDADE

 




O obxectivo desta actividade é vincular lingua, cultura e emocións. Os alumnos do 1º curso de Grao Básico realizaron unha infografía na que investigaron sobre tres grupos musicais galegos actuais. A actividade centrouse tanto na súa traxectoria artística como na análise das letras e o seu impacto no público.

Bandas musicais galegas




SAN MIGUEL. XOGANDO CO GALEGO: EXPRESIÓNS COLOQUIAIS GALEGAS

 


Os alumnos do 1º curso de Grao Básico do Colexio San Miguel  realizaron en formato dixital un Escape room lingüístico sobre expresións coloquiais galegas coa finalidade  de promover o coñecemento do galego xogando. Aquí vos deixamos uns cantos xogos para que pasedes un bo rato xogando e aprendendo!

A MAZMORRA DO FURANCHO

PISTAS SECRETAS

QUIZ PRÁCTICO