Nesta actividade o alumnado do colexio San Miguel procurou na rede información sobre personaxes galegos relevantes (escritores, actores, cantantes…) e fixo un retrato en formato dixital. Agardamos que disfrutedes dos seus traballos.
Nesta actividade o alumnado do colexio San Miguel procurou na rede información sobre personaxes galegos relevantes (escritores, actores, cantantes…) e fixo un retrato en formato dixital. Agardamos que disfrutedes dos seus traballos.
Continuamos co proxecto "Coñecer a nosa cidade" cuxo obxectivo é coñecer a nosa cidade: a súa orixe e evolución, os seus barrios, os principais sectores pesqueiros, etc. Este ano centrámonos na industria naval , un dos principais pilares económicos da cidade e tamén dos municipios da súa área de influencia, xunto coa industria motriz e a industria pesqueira.
Os alumnos de 2º curso de Grao Básico do colexio San Miguel levaron a cabo unhas presentacións en formato dixital sobre a historia do sector naval vigués.
Os alumnos de 2º curso de Grao Básico do colexio San Miguel realizaron en formato dixital unhas guías de uso das redes sociais coa finalidade de promover un emprego seguro e responsable das mesmas.
Botádelle un vistazo e seguide os consellos!!
Un ano máis non podemos faltar á nosa cita coa celebración desta festa dos xogos tradicionais. Este ano aos clásicos como a tiro da corda, o pano ou o brilé incorporamos novos xogos que tiveron moito éxito entre os participantes: a pita cega e as cadeiras. Todos eles actúan como elementos que aportan un importante valor socio-cultural e de convivencia entre os membros da comunidade educativa.
Continuamos co proxecto "Coñecer a nosa cidade" cuxo obxectivo é coñecer a nosa cidade: a súa orixe e evolución, os seus barrios, os principais sectores económicos, etc. Este ano centrámonos no tramo do Camiño de Santiago que percorre a cidade. Os alumnos de 1º curso de Grao Básico de Administrativo do Colexio San Miguel realizaron un mapa interactivo cos diferentes tramos do Camiño portugués pola costa desde A Guarda ata Santiago de Compostela. Usaron a plataforma web Google My Maps para crear mapas personalizados.
ARIADNE BENITEZ ETAPA 1: A GUARDA - OIA
DAVID DOMÍNGUEZ ETAPA 2: OIA - BAIONA
SANTIAGO FRENÁNDEZ ETAPA 3: BAIONA - CORUXO
MATEO GIL ETAPA 4: CORUXO- VIGO
XOEL MARTÍNEZ ETAPA 5: VIGO - REDONDELA
NAOMI MERA ETAPA 6: REDONDELA - PONTEVEDRA
MIGUEL ÁNGEL PUIME ETAPA 7: PONTEVEDRA - CALDAS DE REIS
Nesta actividade o alumnado de 1º curso de Grao Básico de Comercio do Colexio San Miguel procurou na rede información sobre personaxes relevantes galegos e fixo un flipbook cos seus retratos.
Aquí tedes unha mostra do seu traballo.