Un ano máis non podemos faltar á nosa cita coa celebración desta festa dos xogos tradicionais organizada polo colexio San Miguel. Este ano aos clásicos como a mariola, choutar a corda, o pano ou o brilé incorporamos novos xogos que tiveron moito éxito entre os participantes: castañas e culleradas e os malabares. Todos eles actúan como elementos que aportan un importante valor socio-cultural e de convivencia entre os membros da comunidade educativa.
miércoles, 25 de junio de 2025
miércoles, 18 de junio de 2025
A PEGADA DOS ROMANOS EN GALICIA
O alumnado de 1º Grao Básico de Servizos Administrativos e de 1º Grao Básico de Comercio do colexio San Miguel investigou e realizou unha presentación en formato dixital sobre monumentos arquitectónicos romanos presentes en Galicia. Esta actividade foi realizada conxuntamente co Departamento de Sociedade.
viernes, 6 de junio de 2025
SABES QUEN É?
Nesta actividade o alumnado do colexio San Miguel procurou na rede información sobre personaxes galegos relevantes (escritores, actores, cantantes…) e fixo un retrato en formato dixital. Agardamos que disfrutedes dos seus traballos.
LIÑAS DA VIDA. AS CANTAREIRAS E A POESÍA POPULAR
Este ano para celebrar o Día das Letras Galegas os alumnos do 1º curso de Grao Básico de Electricidade do colexio San Miguel realizaron un Kahoot sobre as cantareiras e a poesía popular oral, personificado en seis mulleres galegas, creadoras e transmisoras de arte e
beleza: Adolfina e Rosa Casás
Rama; Eva Castiñeira; e
as Pandereteiras de Mens Prudencia
Garrido Ameijende, Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar. Aquí tedes unha pequena mostra do seu traballo. Boa sorte e a xogar!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)