Un ano máis non podemos faltar á nosa cita coa celebración desta festa dos xogos tradicionais organizada polo colexio San Miguel. Este ano aos clásicos como a mariola, choutar a corda, o pano ou o brilé incorporamos novos xogos que tiveron moito éxito entre os participantes: castañas e culleradas e os malabares. Todos eles actúan como elementos que aportan un importante valor socio-cultural e de convivencia entre os membros da comunidade educativa.
EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA GECASTROSANMIGUEL
miércoles, 25 de junio de 2025
miércoles, 18 de junio de 2025
A PEGADA DOS ROMANOS EN GALICIA
O alumnado de 1º Grao Básico de Servizos Administrativos e de 1º Grao Básico de Comercio do colexio San Miguel investigou e realizou unha presentación en formato dixital sobre monumentos arquitectónicos romanos presentes en Galicia. Esta actividade foi realizada conxuntamente co Departamento de Sociedade.
viernes, 6 de junio de 2025
SABES QUEN É?
Nesta actividade o alumnado do colexio San Miguel procurou na rede información sobre personaxes galegos relevantes (escritores, actores, cantantes…) e fixo un retrato en formato dixital. Agardamos que disfrutedes dos seus traballos.
LIÑAS DA VIDA. AS CANTAREIRAS E A POESÍA POPULAR
martes, 25 de marzo de 2025
A INDUSTRIA NAVAL EN VIGO
Continuamos co proxecto "Coñecer a nosa cidade" cuxo obxectivo é coñecer a nosa cidade: a súa orixe e evolución, os seus barrios, os principais sectores pesqueiros, etc. Este ano centrámonos na industria naval , un dos principais pilares económicos da cidade e tamén dos municipios da súa área de influencia, xunto coa industria motriz e a industria pesqueira.
Os alumnos de 2º curso de Grao Básico do colexio San Miguel levaron a cabo unhas presentacións en formato dixital sobre a historia do sector naval vigués.
MANUAL DE USO DAS REDES SOCIAIS
Os alumnos de 2º curso de Grao Básico do colexio San Miguel realizaron en formato dixital unhas guías de uso das redes sociais coa finalidade de promover un emprego seguro e responsable das mesmas.
Botádelle un vistazo e seguide os consellos!!
lunes, 17 de junio de 2024
IV XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS
Un ano máis non podemos faltar á nosa cita coa celebración desta festa dos xogos tradicionais. Este ano aos clásicos como a tiro da corda, o pano ou o brilé incorporamos novos xogos que tiveron moito éxito entre os participantes: a pita cega e as cadeiras. Todos eles actúan como elementos que aportan un importante valor socio-cultural e de convivencia entre os membros da comunidade educativa.