MULLERES PIONEIRAS
Mariluz Morales, a primeira directora dun xornal; Isabel Barreto, a primeira almiranta da historia que se coñece de todo Occidente; Isabel Zendal, a enfermeira da expedición Balmis que tivo como encargo vacinar contra a varíola ás poboacións das colonias en América e Filipinas ou Exeria, a primeira escritora da Hispania romana. Estes nomes e moitos máis son descoñocidos para case todos nós pero son nomes de mulleres que se enfrontaron a moitas barreiras e abriron camiño.
Os alumnos e alumnas do colexio San Miguel I quixemos facerlles unha homenaxe a todas elas e ao mesmo tempo reflexionar sobre a falta de referentes femininos.