Os alumnos e alumnas do colexio San miguel recitaron dous fermosos poemas de Ricardo Carvalho Calero para conmemorar o Día das Letras Galegas. Aquí vos deixamos esta homenaxe ao escritor
ferrolán , “unha das figuras máis
relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX que desenvolveu
unha traxectoria vital hondamente vinculada á historia do galeguismo”.
lunes, 18 de mayo de 2020
martes, 5 de mayo de 2020
UNHA PALABRA PARA CADA GALEGO. COLEXIO SAN MIGUEL.
Con motivo da semana das Letras Galegas invitámosvos a participar nun bonito proxecto. Elixide unha palabra ou frase e mandade a vosa elección xunto cunha fotografía que a ilustre. Con todo o material recibido faremos unha bonita montaxe.
Data tope de recollida o día 8 venres as 14:00 horas.
Animádevos.
17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS. COLEXIO SAN MIGUEL.
Outra actividade que vos propoñemos é o recitado dun poema de Ricardo Carvalho Calero.
Aquí vos deixamos dous poemas para que que coñezades un pouco máis a súa produción literaria e se alguén se anima gustaríanos que vos gravasedes recitando un deles. Animádevos. Tedes as instrucións a continuación.
lunes, 4 de mayo de 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS. UNHA VIAXE POLA VIDA DE RICARDO CARVALHO CALERO. COLEXIO SAN MIGUEL.
Este ano o Día das
Letras galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero coincidindo cos 110 anos
do seu nacemento e os 30 do seu falecemento.
O escritor
ferrolán é “unha das figuras máis
relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX que desenvolveu
unha traxectoria vital hondamente vinculada á historia do galeguismo”.
No centro
realizaremos unha serie de actividades para homenaxealo e unha delas é a que vos presentamos a continuación.
Trátase dun xogo interactivo no que vos presentamos un panel informativo sobre a vida e a traxectoria literaria do autor. Tedes que lelo e despois xa podedes xogar para saber se acertades as preguntas e descubrides a imaxe oculta.
Para visualizar ben o panel preme no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/1HxKNVHC095cl2Sc1tdgjrqkVzPay7Uj4/view?usp=sharing
Para xogar, preme no seguinte enlace:
Para visualizar ben o panel preme no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/1HxKNVHC095cl2Sc1tdgjrqkVzPay7Uj4/view?usp=sharing
Para xogar, preme no seguinte enlace:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)