jueves, 28 de junio de 2018

NAMORADOS DA NOSA LINGUA

«¿Cantas veces vos parastes a reflexionar sobre a beleza das palabras que ten a nosa lingua?» Deste modo arrancou outro dos traballos que fixemos este ano e que expuxemos na cortiza da nosa planta. Os rapaces tiñan que elixir as palabras que lles parecían más riquiñas do galego e, como lles encanta debuxar, acompañáronas dun debuxo que as identificase. Deste modo axudamos ós máis pequerrechos do cole a descubrir a fermosura do galego. 



martes, 26 de junio de 2018

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano conmemoramos o Día das Letras Galegas facendo unha actividade moi dinámica e enriquecedora, pois os nosos alumnos tiveron que encher un cuestionario sobre a vida e obra da escritora homenaxeada María Victoria Moreno. Fixérono moi ben e agasallamos cun lote de libros aos alumnos máis rápidos en atopar as respostas correctas.











As rapazas e rapaces de 5.º e 6.º de educación primaria do colexio El Castro celebramos o Día das Letras Galegas gozando de novo dos marabillosos libros escritos pola homenaxeada deste ano. Para tal ocasión eliximos Mar adiante e O amor e as palabras. Ambos fixeron as delicias de todos nós. 


Unhas semanas antes do 17 de maio os alumnos fixeron diversos traballos de investigación en grupo que lles permitiron coñecer a historia do Día das Letras Galegas, a obra de Mª Victoria Moreno, a relación tal especial que tiña coa cidade de Pontevedra e, sobre todo, descubrir a personalidade desta muller excepcional que adoraba a nosa lingua. Especialmente interesante resultou o traballo titulado  A escola nos anos 40 e 50 (anos da infancia de Mª Victoria Moreno). A consigna para realizalo era obter toda a información que precisaban mantendo unicamente entrevistas cos seus avós. Debían pescudar como eran as aulas, que era o que se ensinaba e como se facía, o rol que desempeñaba a relixión, as materias que se estudaban e a situación das nenas na escola daquela época. As exposicións resultaron ser  de grande interese e espertaron a curiosidade dos rapaces, que esgotaron o tempo destinado a facer preguntas. Estes traballos serviron de escusa para realizar outros cuxas temáticas foron Outras mulleres que descubrir: Ángela Ruíz Robles e As bibliotecas: orixe, organización e elección das nosas preferidas.


Tamén aprendemos moitísimo grazas ás diversas e divertidas actividades interactivas recollidas en fichas didácticas que propón a web Primavera das letras. Trátase dunha páxina creada a iniciativa da Real Academia Galega e dedicada, desde 2016, ós homenaxeados o Día das Letras Galegas. A súa bela estética e os seus interesantes contidos lograron que fose un verdadeiro pracer utilizala como instrumento de aprendizaxe.





OS MORENOPÁXINAS

Outra das actividades coa que gozaron as rapazas e rapaces de 6.º de educación primaria foi a elaboración dos morenopáxinas (uns parcapáxinas dedicados ó Día das Letras Galegas e a Mª Victoria Moreno) . Como podemos ver na imaxe, utilizáronse diferentes materiais ó servizo da imaxinación e da creatividade.






OS XOGOS TRADICIONAIS

Este ano celebramos unha xornada de lembranza dos xogos tradicionais, tales como a mariola, a petanca, os bolos, o tiro da corda, o brilé, os zancos e moitos máis que nos transportaron a outros tempos.










lunes, 25 de junio de 2018

O LOGO DO EDNL

Necesitamos un logo para o equipo de normalización lingüística e quen mellor que os nosos alumnos para deseñalo. Aquí os vemos en pleno proceso creativo.










ENTREVISTA AOS MAIORES

Os alumnos do colexio San Miguel entrevistaron aos seus avós e avoas para saber a que se adicaban cando eran novos e a que xogaban. Foi unha boa experiencia para reflexionar sobre a dura infancia que viviron e como cambian os tempos. As entrevistas foron visionadas nas aulas.