lunes, 6 de mayo de 2019

CONVERSAS COS AVÓS

O pasado 3 de maio, e para conmemorar día do libro, na Residencia As Angélicas de Vigo levouse a cabo unha bonita actividade xunto cos nosos alumnos de 2º de FPB do Colexio San Miguel I.
A actividade consistía nun concurso de cartas literarias coa temática “Os meus soños”. Como premio entregóuselles un libro aos gañadores.
Todos eles gozaron moito compartindo as súas experiencias, desexos e aspiracións nestas dúas etapas da vida.
Os máis novos ilusionaron ás persoas maiores cos seus proxectos e desexos de futuro e estas animaron aos mozos e mozas a perseguir os seus soños, sexan cales sexan, como elas o fixeron no seu momento.
E é que houbo un pouco de todo! Desde viaxes a África, á paixón pola música, o baile e a pintura ou o empeño por conseguir uns estudos que lles permitisen adicarse ao que máis lles gustou…
Ao finalizar, despedíronse de forma entrañable e se en algo estiveron todos de acordo é nas ganas de repetir outra mañá como esta.



MULLERES PIONEIRAS

Mariluz Morales, a primeira directora dun xornal; Isabel Barreto, a primeira almiranta da historia que se coñece de todo Occidente; Isabel Zendal, a enfermeira da expedición Balmis que tivo como encargo vacinar contra a varíola ás poboacións das colonias en América e Filipinas ou Exeria, a primeira escritora da Hispania romana. Estes nomes e moitos máis son descoñocidos para case todos nós pero son nomes de mulleres que se enfrontaron a moitas barreiras e abriron camiño.
Os alumnos e alumnas do colexio San Miguel I quixemos facerlles unha homenaxe a todas  elas e ao mesmo tempo reflexionar sobre a falta de referentes femininos.