«¿Cantas veces vos
parastes a reflexionar sobre a beleza das palabras que ten a nosa lingua?» Deste modo arrancou
outro dos traballos que fixemos este ano e que expuxemos na cortiza da nosa
planta. Os rapaces tiñan que elixir as palabras que lles parecían más riquiñas
do galego e, como lles encanta debuxar, acompañáronas dun debuxo que as
identificase. Deste modo axudamos ós máis pequerrechos do cole a descubrir a fermosura
do galego.