Un ano máis non podemos faltar á nosa cita coa celebración desta festa dos xogos tradicionais organizada polo colexio San Miguel. Este ano aos clásicos como a mariola, choutar a corda, o pano ou o brilé incorporamos novos xogos que tiveron moito éxito entre os participantes: castañas e culleradas e os malabares. Todos eles actúan como elementos que aportan un importante valor socio-cultural e de convivencia entre os membros da comunidade educativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario