Continuamos co proxecto "Coñecer a nosa cidade". Este ano o obxectivo é coñecer a historia de Citroën desde a colocación nun solar da Zona Franca da primeira pedra da futura fábrica de PSA aló polo ano 1958 ata a actualidade convertida xa nun referente na produción de automóbiles.
Os alumnos de 2º curso de Grao Básico do colexio San Miguel 1 levaron a cabo un traballo de investigación que plasmaron nunhas estupendas presentacións das que vos deixamos algunha mostra.
No hay comentarios:
Los comentarios nuevos no están permitidos.