O obxectivo deste proxecto é coñecer a nosa cidade: a súa orixe e evolución, os seus barrios, os principais sectores económicos, etc. Este ano centrarémonos na industria conserveira. O primeiro gran empurrón na nosa historia industrial debémosllo aos empresarios cataláns que puxeron en marcha no século XIX a potente industria conserveira en Vigo.
Os alumnos do 1º curso de Formación Profesional Básica de Servizos Administrativos do colexio San Miguel 1 elaboraron unhas presentacións moi divulgativas e enriquecedoras. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario